Ola rapaces!
PROXECTO LÓVA
- Inicio
- CATÁLOGO BIBLIOSOFÍA
- IES SOFÍA CASANOVA
- BUSCA UN LIBRO NO SOFÍA
- RED DE BILIOTECAS DE GALICIA
- LEER NO SOFÍA
- GUÍA ALFIN/AMI
- ITINERARIOS LECTORES
- CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
- ADQUISICIÓN EN PINTEREST
- CANAL YOUTUBE
- BIBLIOTECAS VIRTUALES CATÁLOGO ONLINE
- EXPERIENCIAS DE LECTURA NO SOFÍA
- SOCAS RECOMENDA
- CLUB MANGA SOFÍA
- VOLUNTARIADO BIBLIOTECA
- FORMULARIO
- ENQUISA FIN DE CURSO
- CLUB DE LETRAS
- PROXECTO LÓVA
- SOFÍA DINAMIZACIÓN
- RADIO DO SOFÍA
- ACTIVIDADES TITORÍAS
- CLUB LECTURA XUVENIL
- E-LBE.2
- BILBIOSOFÍA
mércores, 24 de abril de 2024
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO. PRIMEIRA PARTE
mércores, 3 de abril de 2024
VISITA DE IRENE MONTEIRO
Ola rapaces!
O pasado 12 de marzo tivemos un café literario coa autora Irene Montero para falar da súa obra Lúa Nova.
O Club de Lectura de Novela Xuvenil na sección de 4º de BAC e de Bacharelato puido disfrutar desta conversa con Irene. O seu contiño, como ela di, relata unha fermosa historia de superación dunha rapaza cega, chamada Lúa Longoria, que acaba sendo unha gran pianista.
Logo da presentación por parte de Daniel, compañeiro e amigo da novelista dende a adolescencia, aproveitamos a tomar un refresco ou un café mentres comentabamos con Irene as nosas dúbidas e inquedanzas trala lectura. Irene contounos que se inspirou cando coñeceu a unha rapaza cega a quen non se pon ninguén por diante para acadar os seus soños.
Con grande agarimo a novelista firmounos varios exemplares da biblioteca e quedamos en chamala cando publique a súa vindeira novela.
domingo, 17 de marzo de 2024
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Ola rapaces!
Para celebrar o 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e o 8M, Día da Muller Traballadora, desenvolvéronse diversas actividades de distintos departamentos no noso instituto.
Desde o Departamento de Orientación e desde a Biblioteca, ademais de colgar algúns cadros da nosa futura exposición permanente sobre Mulleres Científicas, pediramos a colaboración de todos os departamentos e en especial dos titores da ESO para a realización dunha serie de carteis para expoñer polos corredores do centro. O noso obxectivo era profundizar cos rapaces sobre mulleres esquecidas, pero que foron significativas na arte, no deporte, na ciencia, na literatura, etc
.
Moitos alumnos realizaron carteis que decoran o centro. Por exemplo, con María Lanza os terceiros da ESO traballaron en pintoras como Sonia Delaunay, Maruja Mallo, Natalia Goncharova, etc. Outros cursos traballaron outras mulleres salientables: matemáticas como Maryam Mirzakhani, científicas como Rosalind Elsie Franklin, etc.
En Literatura Universal escolleron escritoras que tiveron que loitar con moita enerxía para ser recoñecidas en épocas moi diferentes como Jane Austen, Mary Shelley, Karen Blixen, Toni Morrison, etc. Algunhas como Virginia Woolf reflexionaron sobre o rol da muller e os seus dereitos e convertéronse en pioneiras do feminismo.
En primeiro de BAC, na clase de Lingua e Literatura Castelá con Pilar, seleccionaron escritoras españolas do Século de Ouro moi esquecidas, como Beatriz Bernal, autora dunha novela de caballerías, Ana Caro que estrenou obras en corrais de comedias, así como a propia filla do Fénix dos Inxenios, sor Marcela da Cruz.
Profesoras do Departamento de Lingua Galega, como Rosa e Pili, decoraron a parte central da entrada do centro, adicándose especialmente a carteis sobre escritoras galegas, especialmente as poetas como Luisa Villalta, Lupe Gómez, Chus Pato ou Iolanda Castaño.
María José do Departamento de Filosofía no Proxecto Competencial con 4º B e C gravou un vídeo que se colgou na pantalla da entrada “8M: sen mascara" facendo fincapé en mulleres ferrolás como Ánxeles Alvariño, Ánxela Ruiz.
venres, 8 de marzo de 2024
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
Ola rapaces!
Para conmemorar o aniversario do nacemento da nosa poeta o venres 23 de febreiro dúas alumnas de 4º da ESO, Inés Perez e Inés Santalla, musicaron con voz e violonchelo tres poemas de Rosalía: "Alborada", "Daquelas que cantan" e "No ceo azul crarísimo".
Como pano de fondo para a actuación alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º prepararon un mural con motivos biográficos da autora e versos dos seus poemas. Especialmente fermoso foi o xogo de palabras coa rosa e as letras "lía".
Ademais algúns rapaces de 2º e 3º prepararon vídeos recitando poemas da súa obra.
Aquí tedes algúns vídeos das cancións das dúas Inés.
martes, 30 de xaneiro de 2024
NOVAS SESIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA
2º ESO: A gruta da torre de Luis Torres, que desenvolve unha historia ambientada en Ribadeo. Gustoulles moito esta lectura e pronto empezaremos co A balada dos unicornios de Ledicia Costas. 3º ESO, 4º ESO e bacharelato: Hoxe tivemos a sesión sobre Lúa Nova de Irene Montero. Para estes últimos estamos a preparar unha bonita sorpresa que vai ser a visita da escritora que nos vai a contar en quen se inspirou para o personaxe de Lúa Longoria, a pianista cega que busca a plenitude da existencia e a súa independencia. A nova lectura será A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre.
sábado, 23 de decembro de 2023
ACTIVIDADES DE NADAL!
Ola rapaces!
Achégase a Noiteboa e teño moitas cousas que compartir. Estivemos tan absorbidos polas tarefas que non falamos de tantas actividades realizadas nesta última semana.
Aquí resúmovos algunhas delas, esperando ter máis tempo para ir ampliando a información.
O Equipo de Dinamización Linguística, coa colaboración dos Departamentos de Orientación, Plástica, Relixión e da Biblioteca conmemorou o 75 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos celebrado o 10 de decembro.
Os diferentes departamentos propuxeron diferentes actividades como a decoración da árbore de Nadal con material reciclado e adornos con citacións dos distintos artigos da Declaración.
Esta semana tamén tivemos diversas sesións do Club de Lectura tanto de Narrativa Xuvenil como de Novela Gráfica. Sobre eles comentaremos en próximas entradas.
Disfrutamos dun Festival de Nadal, preparado por Rosa e Almudena, coas actuacións de rapaces de 1º e 4º de ESO e coa colaboración de moitos profesores. Foi un remate privilexiado deste primeiro trimestre.
Non queremos rematar estas líñas sen desexarvos a todos o mellor para estas festas e un gran comezo de ano.
Bo Nadal e Feliz 2024!
mércores, 29 de novembro de 2023
NOVA XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA
Ola rapaces!
Durante esta semana e a pasada tivemos as catro xuntanzas do noso Club de Novela Gráfica.
- Os grupos A e D leron Harley Quinn. Cristales rotos, a historia dunha rapaza de quince anos moi descarada que na soidade dunha cidade difícil como Gotham, atopa forza nun grupo de drag queen onde aprende a loitar polo verdadeiramente importante. Xentrificación, amizade, solidariedade, son os temas que atopamos nesta obra de Banda Deseñada da autora gañadora dos premios Eisner e Caldecott Mariko Tamaki, e do artista nomeado ao Eisner Steve Pugh.
- O grupo B e C lemos El juego de las golondrinas de Zeina Abirached. Narra unha noite no Beyrouth dos anos 1980, na que os veciños dun edificio se atopan pechados polos bombardeos. Dous rapaces esperan a chegada dos seus pais no medio dun deles. Non obstante, a compañía dunha galería de veciños pintorescos fanlles tomarse dun xeito cotiá e cómico esa dificultade.
En entradas vindeiras falaremos do arranque da nova sección do Club de Lectura, a de Narrativa Xuvenil en Lingua Galega. Xa tivemos dúas sesións e o vindeiro luns día 4 estreamos a sección de 3º, 4º e 1º de BAC.
Grazas a todos por participar!
xoves, 2 de novembro de 2023
HEARTSTOPPER
Ola rapaces!
Case a mediados do trimestre, estamos moi ledos porque os nosos Clubs de Lectura van adiante! Respecto ao Club de Narrativa Xuvenil, falaremos noutra ocasión. Esta vez queremos salientar a alta participación da rapazada nas sesións de outubro do Club de Novela Gráfica. Case rondamos a cincuentena de persoas interesadas nas nosas actividades, polo que tivemos que dividirnos en catro grupos.
A novela de outubro foi elixida por Bea, alumna de 3º de ESO, que nola recomendou a fines do pasado curso. A biblioteca mercou varios exemplares do tomo primeiro así como uno dos tomos seguintes (ata o cuarto).
Na novela The Heartstopper obra de Alice Oseman, se relata a relación entre dous adolescentes, Charlie e Nick, no marco dun instituto. Por debaixo da trama amorosa, os lectores poden atopar problemas que preocupan e moito, a verdadeira amizade e o mal que fan certas persoas tóxicas.
Gustounos moito escoitar as vosas opinións nas xuntanzas, a favor e en contra da novela. Houbo quen quedou entusiasmado e houbo quen a tildou de romanticona e tópica. Outros aplicaron a súa vida algunhas das relacións que veñen reflectidas na novela.
Grazas por vir!
luns, 2 de outubro de 2023
REUNIÓN CLUB DE LECTURA XUVENIL
luns, 25 de setembro de 2023
PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA
xoves, 22 de xuño de 2023
TRÍPTICO DAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN
mércores, 21 de xuño de 2023
CLUB DE NOVELA GRÁFICA. FESTA DE DESPEDIDA
Ola rapaces!
Onte celebramos a festa de despedida do noso Club de Novela Gráfica. Tras unha comida preparada con moito agarimo por Gloria, tivemos a última xuntanza na que botamos de menos a Lucía, e a Raquel e Sergio, que están na excursión de 4º.
Falamos da nosa lectura do mes, Maus, Relato dun supervivente de Art Spiegelman (1992), primeira novela gráfica en acadar un Premio Pulitzer. Os estudosos falan de que esta novela inicia una das dúas vías do xénero da novela gráfica contemporánea, a independente e autobiográfica, fronte a de superheroes, que se nutre da ficcionalidade.
Patricia falou da importancia desta novela, para preparar o terreo. Dani contounos canto lle axudou a súa lectura en momentos complicados da vida. Ruán relatou a dificultades que atopou con ela e a súa satisfacción en poder rematarla. Samrai, que non a rematara e que a leva para o verán, non quere deixar de coñecer o que lle pasou ao pai e ao fillo, protagonistas. Todos salientan como as ilustracións conmoven ao lector.
Logo de rematar o comentario sobre Maus, fixemos un repaso a todas as lecturas do curso, suliñando as ideas fundamentais de cada unha, cales foron as favoritas, e as menos aprezadas. De todas aproveitamos unha fermosa lección: Persépolis, Los dioses mienten, V de Vendetta, Orgullo e prexuizo, ¿Me estás escuchando?
Bea, de segundo ESO B, aportou a recomendación da saga Heartstopper de Alice Oseman, que trouxo para que a viramos. Moitos non a coñecíamos, pero quedamos en pedirlla para o vindeiro curso. Ruán insistiu na defensa de The Walking Death. E Emilio animounos a mercar todo o lote completo das sete novelas.
Falamos de novos proxectos para o vindeiro curso, de como animar a máis xente a vir ás xuntanzas, de posibilidades de ampliar o horario...
E como fin de festa, Patricia agasallou aos rapaces cuns marcapáxinas moi xeitosos.
Realmente, pasamos unha experiencia moi grata. E agradecemos a todos a vosa presencia e as diferentes aportacións.
Que descansedes moito no verán, sen esquecer a lectura!
domingo, 18 de xuño de 2023
SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CLUB DE LECTURA DE NOVELA GRÁFICA
Ola rapaces!
O pasado venres tivemos unha curiosa xuntanza no club de novela gráfica. En vez de falar os profes, escoitando os alumnos, dous rapaces expuxeron a súa sabiduría a seis profesores. E de que nos falaron? Pois dunha longa saga de novela gráfica que lles apaixona. The Walking Dead.
Sergio e Ruán, alumnos de 4º de ESO e membros activos do noso Club de Novela Gráfica, quixeron despedir esta tempada do Club cunha moi completa exposición acerca deste cómic apocalíptico que ten tantísimos seguidores, tanto na banda deseñada, como no xogo e na serie televisiva.
Falaron, sen facer espoiler, do argumento, do deseño de personaxes, das diferenzas coa serie televisiva. Responderon as preguntas feitas polo oíntes, que concluíron dicindo que teñen moito que seguir aprendendo!
Parabéns a Ruán e Sergio!